Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

O CONCELLO FOMENTA PAUTAS ENTRE AS FAMILIAS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA E CONSTRUTIVA

O Centro Quérote+ dirixirá en Neda un encontro que será o día 5 de xuño
Neda, 28 de Maio de 2018. O Concello de Neda volve colaborar coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta para organizar unha segunda xornada de reflexión sobre a relación cos fillos e os conflitos familiares. A primeira tivo lugar no mes de abril.
A iniciativa, que correrá a cargo de profesionais do centro Quérote+, será o día 5 de xuño na Casa da Cultura, entre as catro e as seis da tarde. As persoas interesadas teñen de prazo ata o día 31 de maio para inscribirse no Concello (de 9:00 a 14:30 horas), na Casa da Cultura (de 9.00 a 13.00 horas) ou ben a través dos teléfonos 981 380 222 / 981 380 039 / 981 390 233 / 981 390 249.
A xornada, dirixida dun modo máis especial a pais e nais ou familias con menores ao seu cargo, está pensada para reflexionar sobre as pautas na casa en relación á convivencia, sobre como xestionar os conflitos que xorden e como acadar unha relación positiva e construtiva entre todos os membros dunha mesma unidade familiar, entre outras posibles cuestións.

Fomentar a reflexión sobre modelos de convivencia, coñecer as dificultades que se están a atopar os rapaces e achegar ferramentas e recursos que lles poidan servir de axuda son obxectivos da actividade organizada polo Concello para achegar aos participantes unhas conclusións positivas.