Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

A ANDAINA SANTIAGO-FISTERRA PASARÁ O SEU ECUADOR COA ETAPA PREVISTA PARA O DOMINGO DÍA 31

Neda, 28 de marzo de 2019.- O mes de marzo en Neda despídese cunha nova andaina da ruta entre Santiago e Fisterra, na que participan case cen persoas e que rematará o día 7 de abril coa chegada ao lugar no que, segundo os antigos, remataba o mundo. Para chegar alí haberá que percorrer os 23 quilómetros que existen entre a poboación de Santa Mariña e a ermida de Nosa Señora das Neves, un camiño que os participantes farán este domingo, día 31 de marzo.
A saída será ás 7.30 horas e terá como referencia o albergue de peregrinos. O primeiro tramo será en autocar, así como a viaxe de regreso á vila.
Na última cita desta iniciativa, que coincidirá co primeiro domingo de abril, os camiñantes terán que facer otros 25 quilómetros. Con ese percorrido completarase con éxito unha experiencia que deu comezo o pasado 17 de marzo e coa que o Concello quixo darlle continuidade á celebrada da primavera do 2018