Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

A COMPAÑÍA REDRUM TEATRO REPRESENTARÁ ESTE VENRES (DÍA 2) A OBRA “A CANCIÓN DO ELEFANTE”

Neda, 31 de Outubro de 2018.- O mes de novembro comeza en Neda cunha nova cita co mundo da escena. Así, este venres (día 2) a compañía Redrum Teatro representará a obra “A canción do elefante”, que conta a historia dun médico psiquiatra que desaparece da súa consulta e a última persoa que o ve é un paciente que leva sete anos internado no centro. “Unha matrioska teatral, cada pista que se desvela leva a outra”, segundo o seu director Álex Sampayo.
A función dará comezo ás 20.30 horas e será na Casa da Cultura. A entrada terá un custo de 2 euros para os adultos e de un para os menores.
A convocatoria forma parte da programación incluída no ciclo “Tempo para o teatro” que deu comezo o día 19 de outubro coa obra “Castrapo” da compañía Os náufragos e que rematará o día 16 de novembro coa representación de “As fillas bravas” polo grupo Chévere.