Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

A GALA DO DEPORTE SERÁ O VENRES NA CASA DA CULTURA

O acto comezará ás oito da tarde e estará presidido polo alcalde Neda, 30 de Maio de 2018. O Concello de Neda organiza para o próximo venres, a partir das oito da tarde, a gala anual dedicada ao deporte local. Será na Casa da Cultura. Trátase de homenaxear aos deportistas que teñen destacado nos últimos doce meses nalgunha disciplina deportiva. Entregaranse un total de 68 distincións. O alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, presidirá o acto, no que tamén tomarán parte outros membros da corporación municipal, así como representantes do movemento asociativo local.