Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

A III ANDAINA SOLIDARIA DE NEDA REUNIRÁ ESTE DOMINGO A UNS 1.100 PARTICIPANTES

Neda, 26 de Outubro de 2018.- Ao redor de 1.100 persoas tomarán parte este domingo na III
Andaina Solidaria organizada polo Concello de Neda en apoio á loita contra o cancro. Trátase
dunha participación moi similar á do ano pasado, cuxa recadación aproximouse aos 5.000 euros.
Desde a organización destácase o compromiso que o pobo de Neda segue a ter coa finalidade
dunha convocatoria que este ano terá como punto de partida o entorno do albergue de peregrinos.
A saída está prevista para as once da mañá e o reparto de dorsais dará comezo media hora
antes, a partir das 10.30, así como tamén se poderá realizar o sábado en Zanshin Sport en horario
de 10.30 a 12.30 horas. Os participantes cubrirán unha distancia duns catro quilómetros que,
traducida a tempo, será dunha hora. O circuíto previsto discorrerá polo paseo marítimo, cruzará
polo Coto, a Ponte Grande e o adro da igrexa de Santa María. Desde este último emprazamento
iniciarase a viaxe de regreso ata o punto de partida.
Todo o diñeiro recadado entregarase á Asociación Española contra el Cáncer. O Concello de
Neda conta coa axuda dos voluntarios da agrupación local de Protección Civil e coa colaboración
da panadaría Santa Rita e do centro deportivo Zanshin Sport para a realización dun programa
solidario con aportacións económicas de 5 ou 10 euros. Os menores de trece anos, que terán que
ir acompañados dun adulto, non pagan cota.