Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

A III CARREIRA ESCOLAR CONCELLO DE NEDA SERÁ O SÁBADO NO CEIP MACIÑEIRA

 Neda,18 de Xuño de 2018. O Concello de Neda organiza para o sábado día 23 a terceira edición da Carreira Escolar, unha iniciativa do equipo de goberno para incentivar a actividade deportiva entre os escolares da localidade. Trátase dunha convocatoria pechada na que este ano, ademais dos centros educativos da localidade -CEIP San Isidro e CEIP Maciñeira- tomarán parte estudantes dos colexios Ponte de Xuvia e Jorge Juan, ámbolos dous situados en Narón. Este ano será o CEIP Maciñeira o que acollerá esta popular competición, para a que o Concello conta con a colaboración da dirección do centro e máis da ANPA.

A organización estima que a participación pode chegar aos 120 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os cinco e doce anos.

Haberá un total de catro categorías: Biberóns (2013-2014), que cubrirán unha distancia de 50 metros; prebenxamíns (2011-2012), que correrán 300 metros; benxamíns (2009-2010), serán 600 metros, e alevíns (2006-2007-2008), que disputarán un total de 900 metros.

O reparto de dorsais será ás dez da mañá. A primeira das probas dará comezo ás 11.00 horas.

Haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías e medallas para todos os participantes, ademais dun pequeno avituallamento para repoñer forzas despois da carreira.

Desde o Concello invítase ás familias a secundar coa súa presenza a celebración dunha iniciativa pensada para fomentar pautas de vida saudable entre os menores a través dunha actividade deportiva adaptada ás súas posibilidades.