Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

A PROGRAMACIÓN POLO 8M TERÁ CONTINUIDADE ESTE VENRES CO DOCUMENTAL “MULLER(ES)MULLER”

Neda 20 de marzo de 2019.- O documental “Muller(es)Muller” exhibirase este venres, día 22, na Casa da Cultura de Neda. O acto dará comezo ás 20.00 horas e, unha vez finalizada a proxección, arrancará un coloquio no que intervirán mulleres de distintas xeneracións.
“Muller(es)Muller” ofrece unha visión do papel que desempeñan as mulleres na sociedade actual, dos obstáculos que se atopan e dos esforzos que realizan para definir a súa propia identidade día a día. É un traballo que conta coa colaboración do Instituto da Muller e no que participan as escritoras Marilar Aleixandre, Olga Novo, Yolanda Castaño, María Reimóndez, Chus Pato e Carmen Blanco.
Esta iniciativa forma parte das actividades organizadas polo Concello de Neda con motivo do 8M e que pecharán o próximo venres (día 29) coa presentación do libro “Feminicidio: Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”, do que é autora Carme Adán.