Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

A SEXTA MARCHA BTT FAMILIAR NEUTRALIZADA DE NEDA SERÁ O ESTE DOMINGO E SAIRÁ DO ROXAL

Neda, 27 de Xuño de 2018. O Concello de Neda participa na organización da Marcha BTT Familiar Neutralizada que, promovida pola Sociedade Deportiva e Recreativa O Roxal, terá lugar o próximo domingo e cuxa participación podería chegar ás cen persoas. O prazo de inscrición finaliza este venres.
“Coñecendo Neda en bicicleta” é o lema dunha iniciativa que este ano chega a súa sexta edición e que dará lugar a un percorrido duns 18 quilómetros, que terá como punto de partida as instalacións deportivas do Roxal e que despois discorrerá pola Fervenza, Mourela do Medio, Subarreiros, pazo da Merced e Silva, entre outros lugares do municipio de Neda. O menores de 14 anos tamén teñen a opción dun circuíto alternativo no Roxal.
É obrigatorio o uso de casco e, unha vez finalizada a proba deportiva, todos os participantes compartirán unha paella e disporán dun servizo de limpeza de bicicletas. A ADR Vara e Pedal colabora na organización dunha convocatoria que o ano pasado reuniu a máis de 90 participantes, ao marxe das persoas que toman parte no desenvolvemento da mesma.