Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

ALUMNOS DO PROGRAMA REINICIA IV TRABALLARÁN A PARTIR DE MAÑÁ NA REPARACIÓN DO PASEO MARÍTIMO DE NEDA

ALUMNOS DO PROGRAMA REINICIA IV TRABALLARÁN A PARTIR DE MAÑÁ NA REPARACIÓN DO PASEO MARÍTIMO DE NEDA

Neda, 16 de Abril de 2018.- O Concello de Neda vén facéndose cargo de manter en perfecto estado o paseo marítimo. Se hai uns días a administración local levaba a cabo traballos de limpeza nas marxes do paseo mañá mesmo un grupo de dez alumnos do programa Reinicia IV- que Neda comparte cos municipios de Mugardos, Ares, Fene e Cabanas- dará continuidade ao mesmo coa reposición dos taboleiros de madeira que se atopen en mal estado, coa mellora da seguridade na zona coa instalación dunha varanda nas inmediacións do albergue de peregrinos e coa a suxeición de todos elementos situados ao longo desta infraestrutura peonil.
O equipo de goberno recoñece que este paseo a carón da ría está a representar un dos principais atractivos da vila de Neda, tanto porque favorece a práctica da actividade deportiva como porque é idóneo para o paseo.
O Concello inviste uns 5.000 euros no subministro do material necesario para a realización duns traballos que alomenos se prolongarán por espazo dun mes. O programa Reinicia IV é unha iniciativa autonómica mixta de colocación e formación dirixida a persoas desempregadas maiores de 18 anos.