Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

AS ANDAINAS TURÍSTICAS FINALIZAN ESTE DOMINGO CUNHA SAÍDA POLO CASCO HISTÓRICO E A RABADEÑA

Neda, 19 de febreiro de 2019.- Coa celebración este domingo da cuarta Andaina Turística, o Concello de Neda pechará a presente edición dun programa que está a reunir a máis de cen persoas en cada unha das saídas. A prevista para o día 24 levará aos participantes a coñecer o casco histórico da vila e máis a visitar a zona da Rabadeña. A experiencia terá unha duración aproximada de dúas horas e media e dará comezo ás dez da mañá no adro da igrexa de Santa María.
As persoas que poidan estar interesadas teñen de prazo ata o venres 22 para formalizar a inscrición, xa sexa de forma presidencial ou vía telefónica, nas oficinas do Concello (teléfono 981
380 039) ou na Casa da Cultura (981 390 233).
Coa organización deste tipo de iniciativas o executivo local busca dar a coñecer a riqueza patrimonial e paisaxística do seu territorio. O programa que arrincaba o pasado 13 de xaneiro
levou aos participantes a coñecer máis de cerca o coto de Ancos, a zona do Roxal, o miradoiro de Viladonelle, a parroquia de Anca e o monte Louseira, e o próximo domingo Santa María, o casco histórico e a Rabadeña.