Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

CARME ADÁN PRESENTARÁ ESTE VENRES O SEU LIBRO “FEMINICIDIO” NA CASA DAS PALMEIRAS DE NEDA

Neda, 27 de marzo de 2019.- Coa presentación do libro “Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión” de Carme Adán rematarán os actos organizados polo Concello de Neda con motivo do 8M.
A Casa das Palmeiras acollerá este venres (día 29) a celebración dun acto que dará comezo ás 20.30 horas e no que tomaran parte a autora dunha obra na que se analiza a violencia contra as mulleres e a concelleira de Cultura, Cristina Bouza Bellón.
Carmen Adán Villamarín é doutora en Filosofía, ensaísta e política galega. Foi deputada no Parlamento de Galicia e secretaria xeral de Igualdade co goberno bipartito da Xunta de Galicia.