Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

OS PRIMEIROS CASTIÑEIROS XA ESTÁN A MEDRAR NO MONTE QUE NEDA QUERE CONVERTER NUNHA NOVA ÁREA DE LECER

Neda, 13 de Marzo de 2018. Deu comezo a plantación que financiada polo Concello de Neda dará lugar á creación dunha área recreativa no monte de Ancos, nunha propiedade municipal de algo máis de catro hectáreas. Nesta primeira intervención, plantaranse un total de 120 castiñeiros sobre unha superficie de 10.000 metros cadrados (unha hectárea). O […]

O CONCELLO INVESTIU 20.000 EUROS PARA O FUNCIONAMENTO DO XIMNASIO INAUGURADO HOXE

Neda, 12 de Marzo de 2018. Nos dous últimos anos o concello de Neda investiu 20.000 euros no ximnasio municipal, unhas instalacións situadas no centro cívico Ramón Millarengo e que hoxe foron inauguradas polo equipo de goberno. O alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, interviu no acto inaugural para sinalar o compromiso do executivo local “en poñer […]

UN PLENO PROTAGONIZADO POR ALUMNAS, PINTURA, TEATRO E CONTOS POLA IGUALDADE FORMAN PARTE DA PROGRAMACIÓN POLO 8 DE MARZO

Neda, 2 de marzo de 2018.- O Concello de Neda vén de organizar un calendario de actos con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo), unha conmemoración que no caso deste municipio vaise prolongar case durante todo o mes. A programación dará comezo o mesmo día 8 de marzo coa celebración de […]

O CONCELLO IMPULSA UNHA ESCOLA DE FAMILIAS CUN PROGRAMA DE PREVENCIÓN NO ÁMBITO FAMILIAR

Neda, 28 de Febreiro de 2018.- O Concello de Neda colabora coa Asociación Ferrolana de Drogodependencias (Asfedro) e máis coa Consellería de Sanidade na organización dun programa de prevención no ámbito familiar. “Máis que un teito” é o lema dunha iniciativa que pretende ser o punto de partida cara á posta en marcha dunha Escola […]

GERMÁN CASTRO PRESENTA O SEU LIBRO “CURIOSIDADES FERROLANAS” NA CASA DAS PALMEIRAS ESTE VENRES

Neda, 28 de Febreiro de 2018.- O periodista e exdirector de Diario de Ferrol, Germán Castro, presentará o libro “Curiosidades ferrolanas”, do que é autor, nun acto que tendrá lugar o este venres na Casa das Palmeiras de Neda. Será ás 20.00 horas. O alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, vén de confirmar a súa presenza no […]

O CONCELLO DE NEDA ULTIMA OS TRÁMITES PARA TRANSFERIR O MANTEMENTO DO CENTRO DE SAÚDE Á XUNTA

Neda, 27 de Febreiro de 2018.- Nun prazo de tres meses, o Concello de Neda terá completados os trámites para a cesión do centro de saúde á Xunta, unha iniciativa que, segundo o alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, “representará un aforro moi importante para as arcas municipais”. O equipo de goberno leva xa algún tempo traballando […]