Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

NEDA PRESENTA UNHA GUÍA DIRIXIDA AOS 5.000 PEREGRINOS QUE PASAN POLO MUNICIPIO AO LONGO DO ANO

Neda, 26 de marzo de 2018.- “Para un pouco no Camiño” é unha iniciativa do Concello de Neda para tratar de aproveitar, con fins turísticos e promocionais do territorio, a presenza dos 5.000 peregrinos que ao longo do ano pasan polo municipio. Trátase dunha guía da que inicialmente se editarán uns 3.000 exemplares que principalmente […]

CO ESPECTÁCULO “MATRIOSKAS” NEDA PECHA ESTE VENRES OS ACTOS POLO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Neda, 20 de Marzo de 2018. A programación organizada polo Concello de Neda con motivo do día dedicado á muller traballadora concluirá este venres (23 de marzo) coa representación do espectáculo “Matrioskas” a cargo da cantadora María Ortiz e da cantautora Sofía Espiñeira, dúas voces que xuntan verbas e música para revivir historias de mulleres. […]

O CONCELLO CONVÉN CON 22 ENTIDADES A CESIÓN GRATUÍTA DE LOCAIS MUNICIPAIS PARA O DESENVOLVEMENTO DAS SÚAS ACTIVIDADES

Neda, 15 de Marzo de 2018. A Xunta de Goberno de Neda aprobou os convenios polos que a administración local cede o uso de 22 locais públicos a outras tantas entidades do municipio. Trátase dun acordo adoptado por unanimidade e de carácter gratuíto para as asociacións que, pola súa parte, se comprometen a colaborar co […]

OS PRIMEIROS CASTIÑEIROS XA ESTÁN A MEDRAR NO MONTE QUE NEDA QUERE CONVERTER NUNHA NOVA ÁREA DE LECER

Neda, 13 de Marzo de 2018. Deu comezo a plantación que financiada polo Concello de Neda dará lugar á creación dunha área recreativa no monte de Ancos, nunha propiedade municipal de algo máis de catro hectáreas. Nesta primeira intervención, plantaranse un total de 120 castiñeiros sobre unha superficie de 10.000 metros cadrados (unha hectárea). O […]

O CONCELLO INVESTIU 20.000 EUROS PARA O FUNCIONAMENTO DO XIMNASIO INAUGURADO HOXE

Neda, 12 de Marzo de 2018. Nos dous últimos anos o concello de Neda investiu 20.000 euros no ximnasio municipal, unhas instalacións situadas no centro cívico Ramón Millarengo e que hoxe foron inauguradas polo equipo de goberno. O alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, interviu no acto inaugural para sinalar o compromiso do executivo local “en poñer […]

UN PLENO PROTAGONIZADO POR ALUMNAS, PINTURA, TEATRO E CONTOS POLA IGUALDADE FORMAN PARTE DA PROGRAMACIÓN POLO 8 DE MARZO

Neda, 2 de marzo de 2018.- O Concello de Neda vén de organizar un calendario de actos con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo), unha conmemoración que no caso deste municipio vaise prolongar case durante todo o mes. A programación dará comezo o mesmo día 8 de marzo coa celebración de […]

O CONCELLO IMPULSA UNHA ESCOLA DE FAMILIAS CUN PROGRAMA DE PREVENCIÓN NO ÁMBITO FAMILIAR

Neda, 28 de Febreiro de 2018.- O Concello de Neda colabora coa Asociación Ferrolana de Drogodependencias (Asfedro) e máis coa Consellería de Sanidade na organización dun programa de prevención no ámbito familiar. “Máis que un teito” é o lema dunha iniciativa que pretende ser o punto de partida cara á posta en marcha dunha Escola […]