Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

CERCA DE 200 FAMILIAS PARTICIPAN NO PROXECTO “MISIÓN: NEDA!

El proyecto está abierto a la participación de escolares de 8 a 16 años, sea o no de Neda, en la compaña de sus padres, madres, abuelos, abuelas… o de cualquier otra persona adulta de su familia. El Ayuntamiento eligió los centros de enseñanza de Maciñeira y San Isidro como puntos de arranque de la aventura, aunque por ella también mostraron interés colegios próximos como el CPR Jorge Juan de Narón y hay jóvenes de la ESO que también recogió el material en la Biblioteca Municipal.
Esta semana el profesorado de San Isidro destacaba el valor educativo de los cuadernos que se están entregando y también el hecho de proponer una aventura como hilo conductor del descubrimiento del municipio. “La mayoría del alumnado fue con los padres recorrer el territorio. Algunos nos dijeron que era muy difícil encontrar las letras, que les había costado mucho trabajo, pero también que les estaba gustando mucho la experiencia”, explicaba Carmela Nuevo, maestra de 6º de Primaria.
Por otra parte, Patricia Meira -profesora de 3º en el mismo centro- decía que los niños y niñas “están muy ilusionados”, al tiempo que calificó la iniciativa como “una idea que está muy bien” dado que le ayuda a la cativería “a meterse justo en su cultura y también a conocer un poco más su contorno. Hay muchos niños y niñas que no sabían casi nada de su ayuntamiento y ahora lo están aprendiendo”.
Grandes y pequeños tienen dos semanas para recorrer la zona de San Nicolás y Santa María para encontrar las 10 letras que hay ocultas en los distintos puntos que se indican en el mapa. El último cuaderno -y también la última sección de la web- estará disponible a partir del viernes 12 de abril, día en que los estudiantes saldrán de vacaciones de la Semana Santa. A la vuelta aún tendrán de plazo hasta el día 26 para verificar en el colegio o en la Biblioteca Municipal que completaron la misteriosa frase final, con la que podrán entrar en el sorteo de varias táblets.

O proxecto está aberto á participación da rapazada de 8 a 16 anos, sexa ou non de Neda, na compaña dos seus pais, nais, avós, avoas… ou de calquera outra persoa adulta da súa familia. O Concello elixiu os centros de ensino de Maciñeira e San Isidro como puntos de arranque da aventura, aínda que por ela tamén mostraron interese colexios próximos como o CPR Jorge Juan de Narón e hai rapazada da ESO que tamén recolleu o material na Biblioteca Municipal.
Esta mañá o profesorado de San Isidro destacaba o valor educativo dos cadernos que se están entregando e tamén o feito de propoñer unha aventura como fío condutor do descubrimento do municipio. “A maioría do alumnado foi cos pais percorrer o territorio. Algúns dixéronnos que era moi difícil atopar as letras, que lles custara moito traballo, pero tamén que lles estaba gustando moito a experiencia”, explicaba Carmela Novo, mestra de 6º de Primaria.
Por outra banda, Patricia Meira -profesora de 3º no mesmo centro- dicía hoxe que os nenos e nenas “están moi ilusionados”, ao tempo que cualificou a iniciativa como “unha idea que está moi ben” dado que lle axuda á cativería “a meterse xusto na súa cultura e tamén a coñecer un pouco máis o seu contorno. Hai moitos nenos e nenas que non sabían case nada do seu concello e agora estano aprendendo”.
Grandes e pequenos teñen desde hoxe dúas semanas para percorrer a zona de San Nicolás e Santa María para atopar as 10 letras que hai ocultas nos distintos puntos que se indican no mapa. O último caderno -e tamén a última sección da web- estará dispoñible a partir do venres 12 de abril, día en que a rapazada colle as vacacións da Semana Santa. Á volta aínda terán de prazo ata o día 26 para verificar no colexio ou na Biblioteca Municipal que completaron a misteriosa frase final, coa que poderán entrar no sorteo de varias táblets.