Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

COA OBRA “AS FILLAS BRAVAS”, NEDA PECHA POR ESTE ANO O CICLO TEMPO PARA O TEATRO

Neda, 13 de Novembro de 2018.- O Concello de Neda pecha o próximo venres (día 16) ciclo Tempo para o Teatro coa representación da obra “As fillas bravas” a cargo da compañía Chévere. A función dará comezo ás 20.30 horas.

O prezo da entrada é de 2 euros a de adultos e un a infantil. A representación terá lugar na Casa da Cultura. Trátase dunha obra en clave de humor feminista interpretada por tres mulleres que subirán ao escenario para tocar e cantar pezas, na súa maioría do repertorio tradicional galego.

Con esta obra, Chévere continúa explotando as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero para sensibilizar á sociedade fronte á violencia machista e as desigualdades entre homes e mulleres. Desde o día 30 de setembro e ata o próximo venres terán pasado polo centro cultural un total de oito compañías de teatro da man dos ciclos Teatro en Familia e Tempo para o Teatro, dirixidos ao público infantil e de adulto, respectivamente.

“Camiños”, “Planeta Ardora, “A canción do Elefante”, “Castrapo” e “As cores do tempo” foron só algunhas das pezas que atraeron o interese dos veciños de Neda durante o último trimestre do ano.