Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

CONVOCATORIA PARA CONTRATAR PERSOAL AO ABEIRO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL SUBVENCIONADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA.

Aprobadas pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 22/04/19, as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 3 Albaneis, 2 Pintores e 3 peóns, por un período de 4 meses; subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes durante o exercicio 2019 (PEL-CONCELLOS); ábrese o prazo ata o día 06/05/2019 incluído, para a presentación de solicitudes.
As persoas interesadas poden obter o modelo normalizado de solicitude e as bases da convocatoria, tanto na páxina web do concello – http://www.neda.es – como no Rexistro Xeral do mesmo, sito na Avda. de Algeciras, nº. 34.

 

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/04/30/2019_0000003219.html