Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

CUNHA SOLTA DE LIBROS DERON COMEZO OS ACTOS POLO 23 DE ABRIL

CUNHA SOLTA DE LIBROS DERON COMEZO OS ACTOS POLO 23 DE ABRIL

Neda, 23 de Abril de 2018.- Éxito de participación na “solta de libros” organizada polo Concello de Neda con motivo da celebración do 23 de abril, tal e como queda reflectido nesta imaxe captada só uns intres despois da instalación das mesas diante da biblioteca municipal.
Máis de 200 exemplares, entre os cedidos pola Deputación a través do programa “Libros para sermos libres” e do Concello, póñense á vista dos veciños, maiores e cativos, para que poidan entrar a formar parte das súas particulares bibliotecas. Trátase de animar á lectura cun xesto xeneroso e novedoso.
Despois, a partir das sete da tarde, as celebracións do Día do Libro deron lugar a un concerto na Casa da Cultura a cargo de alumnos do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño.