Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

Dentro do noso concello A Escola de Tempo Libre Néboa convoca un curso de Monitor/a de actividades de Tempo libre, curso oficial da Dirección Xeral de Xuventude

Dentro do noso concello A Escola de Tempo Libre Néboa convoca un curso de Monitor/a de actividades de Tempo libre, curso oficial da Dirección Xeral de Xuventude.

O curso vai dirixido a rapaces e rapazas de 18 anos en diante
O horario do curso é o establecido no inicio do mesmo, sábado pola mañá de 9:00 a 14:00 e sábado pola tarde de 16:00 a 20:00, e domingo pola mañá de 9:00 a 14:00,
O curso consta de dúas fases:
a) Fase teórico-práctica cunha duración de 200 horas lectivas. Esta fase se desenvolverá en fins de semana e días festivos, en cada un dos cales se tratarán os seguintes módulos: psicoloxía e dinámica de grupos, socioloxía, alimentación e nutrición en tempo libre, contacontos, educación no tempo libre, metodoloxía e programación, primeiros auxilios, técnicas de campismo e excursionismo, lexislación, seguridade en tempo libre, asociacionismo, recursos e axudas, animación, expresión plástica, expresión dramática, animación deportiva e educación ambiental.
b) Fase práctica, 150 horas que se realizaran antes de xuño de 2.021.

Máis info:
neda.es/gl/noticias/detalle/index.html?noticia=/gl/noticias/contenido/0979_es.html