Radius: Off
Radius:
km Raio de xeolocalización
Atopar

O cume do Monte de Ancos atópase a uns 262 metros de altitude sobre o nivel do mar, namentras que o miradoiro sitúase un pouco máis abaixo, ofrecendo unha magnífica vista da Ría de Ferrol. Dende alí domínase a Ría dende o seu comezo na desembocadura do río Grande en Xuvia ata o seu final, coas pontes que a atravesan. A un lado, os montes que bordean a ría na súa parte sur, e cara o outro a costa de Valdoviño. No Monte Ancos hai un área natural e recreativa onde se pode gozar do aire libre e visitar o castro, identificado por algúns autores como a lendaria Libunca, capital dos Ártabros.

Enderezo

GPS:

43.51868598993442, -8.14127688569397