Radius: Off
Radius:
km Raio de xeolocalización
Atopar

Ubicado á beira da Ría, é unha mansión solariega do século XVII. Din as vellas tradicións populares que a edificación atópase unida por un pasadizo submarino co monasterio de San Martiño de Xubia, aloxado alén da ría.

Aquí poderedes atopar algo da súa historia…

Informado polo seu irmán, o párroco de Santa María de Neda, das boas expectativas xeradas na comarca, a finais da década de 1700 chega de Matute (Nájera, Logroño) Don Francisco Antonio Somalo, un activo comerciante rioxano disposto a fundar unha tenería no lugar da Florida, entre o Camiño Real e o mar de Xuvia. Nestas propiedades, cuxas construcións máis antigas poden datarse no século XVI e das que hoxe se conserva unha pequena capela de estilo barroco adicada á Virxe da Merced, edifícanse unhas instalacións que seguindo o estilo dos centros fabrís do século XVIII, responden a un deseño que se move entre unha casa señorial e un recinto industrial. Fúndase así a Fábrica de Curtidos da Florida. Tras a Guerra da Independencia, a filla do fundador cásase en 1812 con Juan Adam Pensel, oriundo de Baviera e técnico mineralista no Departamento de Mariña de Ferrol. Falecido este sen descendencia, faise cargo Don Tomás Cebreyro da dirección do establecemento, cuxa propiedade é reclamada ante o Rei por dous fillos que tivera o sacerdote irmán do fundador, quen lla concede. Falecidos os fillos do párroco de Neda, a propiedade volve á rama familiar de Don Francisco, e do mesmo xeito que o resto das industrias da comarca, entra en crise cara a 1870. O seu propietario daquela, Don Francisco Cebreiro Seoane, coma tantos outros galegos, emigra a Cuba, da que retorna en 1898 para vivir baixo a gobernación de Dona María Barros, grazas ás rendas que lle deixan as amplas propiedades do chamado Pazo da Merced. Estas esténdense por toda a ribeira de Neda, desde Perlío ata Xuvia. Mediado o século XIX o pazo funciona coma Convento Franciscano, e cara a 1925 pasa a mans do popular médico Don Francisco Cebreiro Barros, “Don Paco o da Merced”. En maio de 1978 o arquitecto de Cidade Real, Don Alfredo Alcalá Navarro, adquiriu e restaurou o deteriorado edificio para convertelo, en 1991, na primeira Casa de Turismo Rural da provincia da Coruña. Na restauración do edificio destacan a pedra e o cristal, e a perfecta mestura do moderno e o antigo.

Opening Hours

Monday

-

Tuesday

-

Wednesday

-

Thursday

-

Friday

-

Saturday

-

Sunday

-

Enderezo

GPS:

43.492151012515, -8.1604317304674