Radius: Off
Radius:
km Raio de xeolocalización
Atopar

No seu momento pertencía ao Hospital do Espírito Santo, hospital de peregrinos fundado en 1500 por Margarida Fernández y Pedro García. A Torre construíuse en 1786, tal e como reza a inscripción no dintel da porta. Na escaleira principal aparecen dous escudos, que corresponden aos Esquío e aos Andrade, familias señoriais da comarca. Trátase dun corpo prismático vertical, realizado en cantería e sen unha decoración destacable. Conta cun arco cego de medio punto rebaixado, no medio dun dos planos, e con dúas pequenas columnas pegadas facendo de vigas. Na parte superior do último terzo está pegado o reloxo, de traza sinxela, rematado nunha pequena cornixa que leva nas esquinas uns pináculos. O campanario coroa o edificio, feito cunha estrutura de ferro forxado da que pende a campá.

Enderezo

GPS:

43.50134279269832, -8.156894211235453