Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

MÁIS DE CENTO VINTE PERSOAS TOMARÁN PARTE NA ANDAINA A PÉ A SANTIAGO EN CINCO ETAPAS

A iniciativa, que superou todas as previsións, dará comezo este domingo
Neda, 18 de Maio de 2018. O goberno de Neda está gratamente sorprendido polo éxito da convocatoría que levará a un grupo de 121 persoas a percorrer o Camiño Inglés en cinco etapas. Inicialmente o programa estaba pensado para un total de 55 participantes, o que obligou á organización, que corre a cargo do Concello, a contratar dous autobuses de 56 prazas e un de 20.
A andaina dará comezo o próximo domingo, día 20 de maio, cunha marcha na que os participantes terán que cubrir a pé unha distancia de 16 quilómetros, que son os que existen entre a vila de Neda e a de Pontedeume. A saída producirase ás dez da mañá, se ben desde a organización se lles pide aos camiñantes que estean ás 9.30 horas para poder cumprir o horario previsto.
O goberno valora o compromiso da veciñanza en coñecer e tomar contacto coa singularidade do Camiño Inglés, que fai de Neda un lugar único.