Neda, 7 de Agosto de 2018.- Neda acollerá a presentación dun novo número da revista Olga, publicación de poesía galega editada en Madrid. Será o próximo xoves, día 9, na Casa das Palmeiras. O acto contará coa presenza de Vicente Araguas que, xunto a Sabino Torres, Rafael Yáñez, e Manuel Pereira, son os patrocinadores dun proxecto editorial que chega ao número cinco cun monográfico dedicado a Ricardo Carballo Calero. A concelleira de Cultura, Cristina Bouza Bellón, tamén ten confirmada a súa asistencia ao acto. A presentación dará comezo ás 20.00 horas e o Concello invita á veciñanza en xeral e aos amantes da poesía en galego en particular a participar nunha convocatoria de acceso libre e gratuíto.
NEDA ACOLLERÁ ESTE XOVES A PRESENTACIÓN DO ÚLTIMO NÚMERO DA REVISTA OLGA
AS ANDAINAS TURÍSTICAS FINALIZAN ESTE DOMINGO CUNHA SAÍDA POLO CASCO HISTÓRICO E A RABADEÑA
19/02/2019
Neda, 19 de febreiro de 2019.- Coa celebración est
NEDA ORGANIZA UN OBRADOIRO PARA QUE A VECIÑANZA APRENDA A COIDAR A SÚA ALIMENTACIÓN
12/02/2019
Neda, 12 de febreiro de 2019.- O Concello de Neda
NEDA MANTERÁ ABERTO ATA O VENRES O PRAZO PARA PARTICIPAR NA TERCEIRA ANDAINA TURÍSTICA
06/02/2019
Neda, 5 de febreiro de 2019.- O Concello de Neda m