Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

NEDA APROBA UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DE APOIO AOS TRABALLADORES/AS DE POLIGAL

NEDA APROBA UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DE APOIO AOS TRABALLADORES/AS DE POLIGAL

Neda, 11 de marzo de 2019.- Todos os grupos políticos con representación no Concello de Neda (PSOE, PP, BNG, Moveneda e Converxencia Galega) aprobaron unha declaración institucional de apoio e solidariedade coas traballadoras e traballadores de Poligal (Narón) “na xusta defensa dos seus postos de traballo”.
Os responsables municipais demandan á empresa que renuncie ao concurso voluntario de acredores e que retire a proposta de liquidación da fábrica de Narón, ao tempo que esixen á Xunta de Galicia e do Ministerio de Industria o seu compromiso e implicación activa na solución dun conflito que “necesariamente” ten que pasar polo normal funcionamento do centro de traballo de Narón e o mantemento dos 120 empregos.
Na declaración institucional aprobada hoxe tamén se fai mención os cartos que a empresa, ao longo dos últimos anos, chegou a ingresar en concepto de axudas e distintas liñas de financiamento, así como aos case 4,5 millóns de euros que tivo que devolver ao non desenvolverse os investimentos previstos. Tamén se pon de manifesto a “intencionada descapitalización” que a dirección da empresa está levando a cabo, a prol das plantas de Polonia e Portugal, e reivindícase a cualificación profesional dos traballadores e as características de innovación e funcionamento dunha planta á que dirección chegou a definir como a “boutique” do grupo.