Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

NEDA FOMENTA A ACTIVIDADE FÍSICA NO ÁMBITO ESCOLAR CUNHAS XORNADAS DE ATLETISMO

Neda, 26 de abril de 2019.- O Concello de Neda organiza unhas xornadas de introdución ao atletismo orientadas á participación de alumnos e alumnas dos CEIPs Maciñeira e San Isidro con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos. Trátase de incentivar a actividade física para introducir hábitos saudables entre os escolares coa fin de evitar o sedentarismo e conseguintemente tamén a obesidade. A iniciativa arrincará o próximo luns e terá continuidade o 29 de maio para rematar o 12 de xuño. Haberá sesións teoríco-prácticas orientadas ao aprendizaxe das diferentes modalidades de atletismo, entre outras, carreiras, saltos ou lanzamentos. A metodoloxía a seguir pasa por demostracións prácticas, traballo individual e por grupos, mando directo e resolución de tarefas, así como a utilización de balóns, aros, picas e cordas entre outro posible material. Os obxectivos do programa, tal e como se pon de manifesto desde á área de Deportes, é divulgar o atletismo dando a coñecer desde o desenvolvemento de distintas modalidades de carreiras (velocidade e resistencia), ata demostracións prácticas de carreiras de relevos, vallas, salto de lonxitude e lanzamento, tanto de martelo como de peso. Unha vez feito a traballo de aprendizaxe a organización prevese a celebración dunha carreira escolar, que terá lugar o día 22 de xuño no colexio Maciñeira, para que os participantes nas xornadas que agora comezan poidan demostrar que o esforzo tamén ten a súa recompensa.