Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

NEDA GAÑA AO BBVA E SALDA UNHA DÉBEDA DO ANO 2008 QUE REPRESENTABA UNS GASTOS DE 54.000 EUROS AO ANO

NEDA GAÑA AO BBVA E SALDA UNHA DÉBEDA DO ANO 2008 QUE REPRESENTABA UNS GASTOS DE 54.000 EUROS AO ANO
 
A partir do próximo mes o Concello verase libre de gastos financeirosNeda, 30 de abril de 2019.- O goberno de Neda gaña, por sentenza xudicial, ao BBVA e vén de cancelar unha débeda que tiña contraída coa entidade bancaria desde o ano 2008 e que estaba a representar uns 54.000 euros ao ano, entre intereses e amortización, e algo máis de 838.000 euros ata o seu vencemento. O importe inicial do derivado financeiro ascendía a 572.000 euros.
O alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, e a concelleira de Facenda, Ana Rosa Pena Barcia, compareceron hoxe en rolda de prensa para dar a coñecer a resolución do asunto coa fin de animar a outras administracións locais a denunciar outros posibles casos de abusos bancarios e para informar de que a partir do próximo mes o Concello de Neda no terá débeda bancaria.
Alvariño Saavedra manifestou a súa satisfacción por haber chegado a un acordo co BBVA, “a raíz dunha sentencia pioneira”, por considerar que se trataba “dun produto canceríxeno que estaba a hipotecar á administración local”. O acordo evita así mesmo a posibilidade de presentar recurso por parte da entidade bancaria.
O rexedor explicou que a sentenza anula o contrato que a anterior corporación asinou no ano 2008 pero que non chegou a utilizar ata dous anos despois, e engadiu que a resolución xudicial foi decisiva á hora de forzar á entidade bancaria a chegar a un entendemento entre as partes, de forma que o Concello liquida esta débeda cun único pago de 235.000 euros.
Alvariño mostrouse moi crítico con respecto aos anteriores responsables municipais, por considerar que no ano 2008 non había motivos para pedir un préstamo desas características e con esas condicións e pola escaseza de recursos nas que deixaron as arcas municipais. Neste sentido, informou de que, ademais do préstamo co BBVA, firmaron outro días despois das eleccións municipais por importe de 250.000 euros e só deixaron 97.000 euros en caixa para abonar as nóminas. Fronte a esta situación, o alcalde de Neda defendeu a política económica que está a seguir o equipo de goberno, que deixa uns 600.000 euros en investimentos e 1.300.000 euros de remanente.
Na sentenza, ditada a primeiros de abril polo Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña, dubídase de que “a corporación ostentase información suficiente para comprender o alcalce do contrato coa soa lectura dun documento que require os coñecementos dun profesional do mercado de valores ou, alo menos, dos dun cliente experimentado neste tipo de produtos”. Por esta razón, o xuiz Antonio Fraga Mandián declarou a nulidade por erro vicio do contrato de 20 de maio de 2008.
A concelleira de Facenda e avogada de profesión, Ana Rosa Pena Barcia, explicou que se trataba dun derivado financeiro moi complexo e “dun certo engano pola falla de información ao cliente”. Sinalou que podería tratarse da primeira sentenza neste sentido de Galicia, xa que a día de hoxe só existe outra anterior do Supremo