Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

NEDA INVITA Á VECIÑANZA A ACUDIR MAÑÁ A UNHA CHARLA SOBRE O BONO SOCIAL E OS DESAFIUZAMENTOS

Neda, 13 de Novembro de 2018.- O Concello de Neda organiza para mañá martes, día 13, unha charla informativa sobre o bono social e a protección ante os desafiuzamentos. As instalacións da Casa das Palmeiras acollerán unha cita que dará comezo ás 19.30 horas e que será impartida por José Manuel Quiveu Lage, avogado, e Alberto Pérez Bermúdez, licenciado en Dereito. O goberno municipal invita á veciñanza a secundar coa súa asistencia unha convocatoria na que serán abordados temas de moita relevancia e dos que existen bastante descoñecemento.