Neda, 5 de febreiro de 2019.- O Concello de Neda manterá aberto ata o venres, día 8, o prazo de inscrición para tomar parte na terceira Andaina Turística que, organizada pola administración local, terá lugar o día 10 e levará aos participantes a percorrer a parroquia de Anca, incluído o monte de Louseira.
Os interesados poden inscribirse de maneira presencial ou ben vía telefónica nas oficinas do Concello (981 380 039) e mesmo na casa da Cultura (981 390 233). A participación é gratuíta. A saída está prevista para as dez da mañá e, nesta ocasión, terá como punto de partida e de chegada a igrexa parroquial de San Pedro de Anca.
O programa, co que o goberno municipal quere dar a coñecer a riqueza paisaxística e patrimonial do concello, rematará o día 24 deste mes cunha saída polo casco histórico da vila.
NEDA MANTERÁ ABERTO ATA O VENRES O PRAZO PARA PARTICIPAR NA TERCEIRA ANDAINA TURÍSTICA
AS ANDAINAS TURÍSTICAS FINALIZAN ESTE DOMINGO CUNHA SAÍDA POLO CASCO HISTÓRICO E A RABADEÑA
19/02/2019
Neda, 19 de febreiro de 2019.- Coa celebración est
NEDA ORGANIZA UN OBRADOIRO PARA QUE A VECIÑANZA APRENDA A COIDAR A SÚA ALIMENTACIÓN
12/02/2019
Neda, 12 de febreiro de 2019.- O Concello de Neda
NEDA MANTERÁ ABERTO ATA O VENRES O PRAZO PARA PARTICIPAR NA TERCEIRA ANDAINA TURÍSTICA
06/02/2019
Neda, 5 de febreiro de 2019.- O Concello de Neda m