Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

NEDA ORGANIZA ANDAINAS TURÍSTICAS PARA DAR A COÑECER OS RECURSOS NATURAIS DO SEU TERRITORIO

Neda, 7 de Xaneiro de 2019.- O Concello de Neda abrirá mañá martes (día 8) o prazo para participar no programa de Andainas turísticas que entre o día 13 de xaneiro e o 24 de febreiro se levarán a cabo coa intención de dar a coñecer os recursos naturais do municipio entre a súa propia veciñanza e veciños da comarca. As persoas interesadas xa poden facer as súas reservas na Casa da Cultura, no Concello ou a través do número de teléfono 981 390 233. A participación é gratuíta e todas as saídas darán comezo ás 10.00 horas. As distancias varían en función do territorio a cubrir. A media está nuns 8 quilómetros. A primeira cita, prevista para o día 13 de xaneiro, levará
aos participantes a visitar a zona de Ancos. Tanto a saída como o meta terán como referencia o albergue de peregrinos. O último domingo do presente mes, 27, a andaina discorrerá pola zona do Roxal e o miradoiro de Viladonelle. As actividades previstas para febreiro, que serán os días 10 a 24, terán como obxectivo coñecer máis polo miúdo as parroquias de Anca e Santa María así como as zonas de Louseira e Rabadeña. O goberno municipal anima á veciñanza a tomar parte dunha iniciativa que, ademais de profundizar no coñecemento do territorio, tamén servirá de preparación cara a unha nova convocatoria para percorrer a pé unha nova ruta de peregrinación á cidade do apóstolo. Este ano a idea é facer o camiño de Fisterra- Santiago de Compostela. Na primaveira do 2018, unha media de 100 persoas fixeron o Camiño Inglés.