Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

NEDA ORGANIZA UN OBRADOIRO PARA QUE A VECIÑANZA APRENDA A COIDAR A SÚA ALIMENTACIÓN

Neda, 12 de febreiro de 2019.- O Concello de Neda organiza para o próximo sábado (día16) un obradoiro de Alimentación Saudable impartido pola doutora Fernanda Cienfuegos Díaz. A participación é gratuíta e a Casa da Cultura acollerá esta iniciativa, que dará comezo ás 17.00 horas.
Seis son os apartados que Cienfuegos Díaz abordará durante o encontro e son os seguintes:
Alimentación axeitada, Equilibrio calórico, Alimentación e exercicio, Hidratación, Alimentación e patoloxías e Alimentación infantil.
A celebración desta convocatoria enmárcase dentro da programación coa que o goberno municipal quere contribuír ao benestar físico dos veciños e veciñas coidando a súa alimentación.
Por esa razón, tanto desde área de Deportes como desde o executivo local invítase á veciñanza a secundar coa súa asistencia esta iniciativa municipal que vai máis aló do feito de adelgazar.