Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

NEDA ORGANIZA UNHA “CHOCOLATADA” PARA O COLECTIVO DA TERCEIRA IDADE

Neda 19 de decembro de 2018.- O Concello de Neda convoca para o día 4 a “chocolatada” dirixida ao colectivo da Tercera Idade. A convocatoria ten como obxectivo reunir ás persoas dunha certa idade nun acto no que haberá chocolate quente e roscón de Reis, ademais de música e sorteo de agasallos entre os asistentes.

Os interesados teñen de marxe ata o día 3 para recoller as invitacións no Concello. Estas serán gratuítas para os maiores de Neda e terán un custo de 5 euros para os residentes noutros municipios limítrofes. O aforo é limitado e para a inscrición seguirase a orde de retirada de entradas.

O centro cívico Ramón Millarengo acollerá a celebración do programa, que dará comezo ás seis da tarde, e ao que desde o equipo de goberno se invita a asistir ao maior número de veciños que xa teñan cumpridos os 65 anos.