Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

NEDA ORGANIZA UNHA NOVA CITA, ESTE MÉRCORES, CO PROGRAMA “LÉEME UN CONTO”

Neda, 28 de Xaneiro de 2019.- O Concello de Neda organiza para este mércores unha nova cita co programa para o fomento da lectura “Léeme un conto” que, nesta ocasión, vai dirixido a
nenos e nenas menores de tres anos.
Os pais e nais que poidan estar interesados deben inscribirse entre hoxe e mañá na Casa da Cultura. Tamén o poden facer a través do teléfono 981 390 233. A asistencia é gratuíta e de capacidade limitada, polo que só serán admitidas as 20 primeiras solicitudes. Os menores terán que acudir na compañía dun só adulto.
A Casa da Cultura acollerá unha experiencia que dará comezo ás 17.30 horas e que está a ter moi boa acollida por parte da poboación local de Neda.