Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

NEDA PIDE A AXUDA DA VECIÑANZA PARA EVITAR A PRESENZA DE EXCREMENTOS DE ANIMAIS NAS RÚAS

Neda, 17 de Decembro de 2018.- O goberno municipal de Neda pide a colaboración dos donos das mascotas e mesmo da veciñanza en xeral para manter os espazos públicos libres de excrementos de animais.

O Concello recorda que dispón dos mecanismos administrativos necesarios para garantir a aplicación das normas que obligan aos propietarios de cans, entre outros animais de compañía, a recoller as súas defecacións cando estas estean en lugares como beirarrúas, prazas ou parques. Os responsables municipais entenden que as ordenanzas están para se cumplir e advierten da súa intención de aplicar a normativa vixente, incluído o apartado relativo as sancións económicas, co fin de garantir uns espazos públicos limpos e libres de excrementos e de que estas zonas poidan ser compartidas e utilizadas pola poboación local e mesmo polos animais.

O Concello informa así mesmo da súa intención de ampliar a campaña de sensibilización levada a cabo hai un ano e que deu lugar á colocación de pegatinas nas que un can estaba a sentir vergoña dos seus donos por deixar os seus excrementos no chan.

Esta iniciativa levouse a cabo en todo o termo municipal e se fixo visible coa distribución dun total de 500 pegatinas.