Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

NEDA TRASLADA AO LUNS A INAUGURACIÓN DO MONTE DE ANCOS E ORGANIZA UNHA PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS CON 70 ESCOLARES

Neda, 27 de Abril de 2018.- O Concello de Neda traslada ao luns a inauguración do banco no miradoiro de Ancos e promove para esa mesma xornada a plantación de cen árbores por parte de escolares do municipio. Esta última cita será ás dez e unha hora e media máis tarde, ás 11.30, terá lugar a posta en funcionamento dun asento realizado polo carpinteiro Juan Manuel Mosquera Fachal e cedido ao Concello por un compromiso de tipo persoal, un xesto que xa recibiu o agradecemento por parte do equipo de goberno. O alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, presidirá o acto no que tamén estarán presentes outros membros da corporación municipal.
En canto á plantación, tomarán parte ao redor de 70 estudantes dos CEIPs San Isidro e Maciñeira. A iniciativa levarase a cabo no monte municipal situado a escasa distancia do miradoiro. Trata así o Concello de darlle continuidade ao traballo de repoboación con árbores autóctonas realizado nas catro hectáreas nas que, ata o ano 2015, medraban eucaliptos.
En total serán outras 100 unidades que se sumarán ás 120 que xa están a crecer na zona desde que no mes de marzo deron comezo os primeiros traballos de repoboación nun espazo que o goberno de Neda quere transformar nunha área recreativa.