Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

O BOLETÍN “NEDA NO CAMIÑO” CHEGA AO NÚMERO NOVE

Neda, 26 de Decembro de 2018.- A veciñanza de Neda xa ten nas súas mans o último boletín “Neda no Camiño”, unha publicación que chega este mes ao número nove con artigos de moi diferente temática nas súas oito páxinas. Dentro do apartado social cabe destacar as campañas de solidariedade levadas a cabo polo goberno muncipal -repartimento de alimentos e axudas económicas a familias con menores ao seu cargo-, así como a recadación de máis de 5.500 euros con motivo da celebración da Andaina de loita contra o cancro.

Os cartos tamén son de interese tanto no caso do último paquete de investimentos do goberno municipal destinado á reparación de viais -máis de 400.000 euros na recta final do ano- como na entrega de axudas coas que o executivo fomenta o asociacionismo, a cultura e o deporte, cuxo importe foi de 18.000 euros este ano. A cultura tamén ten un oco moi importante no boletín “Neda no Camiño” do mes de decembro. Na publicación recolle os 600 espectadores que houbo nos ciclos de teatro, así como o acto de entrega ao Concello do coñecido Mapa Fontán por parte do seu Fillo Predilecto, Vicente Araguas Álvarez. A programación de Nadal, o premio “Ártabro” de Sociedade concedido ao alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, e a visita da subdelegada do Goberno para a provincia da Coruña, Pilar López-Rioboo, á pasarela que une Neda e Narón tamén forman parte dos contidos dunha publicación coa que o goberno quere manter informados aos veciños da actividade municipal.

http://neda.es/opencms/export/system/modules/es.neda/resources/galeria_archivos/Boletxn_neda_diciembre.pdf