Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

O CONCELLO AMPLÍA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CARTEIS PARA A XXX FESTA DO PAN

Neda, 16 de Maio de 2018. O Concello de Neda vén de ampliar, ata o día 25 do presente mes, o prazo de presentación de orixinais para o certame do que sairá elixido o cartel anunciador da XXX Feira do Pan, que será o día 2 de setembro.
Nas bases do concurso, que se poden consultar na páxina web (www.neda.es), infórmase de que os traballos terán que ser inéditos, de concepción e técnicas libres, escritos en galego e de que deberán presentarse en soporte dixital e en formato PDF, JPG ou similar. O seu deseño deberá axustarse para que se poida reproducir en vertical e cun tamaño A3.
Nas propostas deberá figurar a lenda “XXX Festa do Pan de Neda. Festa de interese Turístico de Galicia. 2 de setembro de 2018”. Nos carteis tamén terán que aparecer o escudo do Concello de Neda e os logotipos da Deputación da Coruña e Xunta de Galicia, Pan de Neda e Abanca. Non se admitirán os traballos que conteñan erratas na rotulación. Cada concursante poderá presentar como máximo dous traballos, cun lema diferente para cada un deles. A organización establece un único premio de 200 euros.
Posteriormente a persoa ou persoas gañadoras deberán aportar, no correspondente soporte magnético, todos os ficheiros necesarios para a correcta impresión do seu cartel.
Os traballos presentaranse ou enviaranse debidamente embalados ao Concello de Neda (REF: CONCURSO CARTEL FESTA DO PAN), situado na avenida de Alxeciras, 34 15510 Neda (A Coruña), de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas, onde se expedirá recibo acreditativo da súa presentación.
Alba Permuy Martíñez foi a gañadora da pasada edición cun traballo que levaba o lema “Pan Queer de Neda” e para o que Carlos Rodil actúo de modelo e Pablo Santiago foi o autor da fotografía.