Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

O CONCELLO INTRODUCE BONIFICACIÓNS FISCAIS NO ICIO, IAE E IBI

 

Algunhas das rebaixas poden significar ata un 95% menos do imposto

Neda, 24 de Maio de 2018. O goberno considera que as contas saneadas do Concello permiten rebaixar a presión fiscal sobre a veciñanza. Esta decisión tomarase no pleno, convocado para o día 28, unha vez saían aprobadas as bonificacións que o executivo local vén de introducir nas ordenanzas fiscais do imposto sobre construcións (ICIO), actividades económicas (IAE) e bens inmobles (IBI), ademais de cambios na relativa ao uso do pavillón e ximnasio e mesmo pola asis¬tencia ás escolas deportivas e culturais.

No caso do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO), o equipo de goberno (PSOE, BNG e CG) establece bonificacións dun 95% a prol das construcións que incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, dun 90% nas que favorezan as condi¬cións de acceso e habitabilidade das vivendas e de ata un 95% as que sexan declaradas de espe¬cial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias do fomento de emprego. Esta última condición tamén existe no caso do imposto sobre actividades económicas (IAE) e pola mesma cuantía. O número de postos de traballo será determinante á hora de reducir a pro¬centaxe de bonificación que será dun 50% pola creación de ata dez empregos, dun 75 no caso que o número estea entre 11 ou 20 e dun 95% se son máis de vinte.

No imposto sobre bens inmobles (IBI), o goberno municipal, ademais de manter as exencións fiscais para inmobles de titularidade pública, para os rústicos e urbanos con cotas líquidas infe¬riores aos 4 e 6 euros e para a superficie de monte poboado con especies autóctonas, establece unha bonificación dun 90% da cota íntegra para familias numerosas-respecto á vivenda habitual- e outra dun 50% para os bens nos que se instalarán sistemas de aproveitamento solar.

As novidades que existen no caso da ordenanza das taxas polo uso das instalacións deportivas e pola asistencia ás escolas deportivas e culturais pasan por aplicar descontos por segunda activi¬dade, por establecer unha cota de medio mes no caso do ximnasio e por primar o compromiso dos equipos á hora de realizar todos os adestramentos e disputar todos os partidos da tempada no pavillón municipal

O alcalde de Neda, Ángel Alvariño Saavedra, anuncia que a intención do equipo de goberno é continuar coas rebaixas de determinados impostos, cara a futuros exercicios e en función do desenvolvemento económico xeral, así como por manter o construído ata agora, como pode ser o caso da escola infantil, e por apostar pola creación de outros novos servizos, entre os que o executivo local está a priorizar a posta en funcionamento dun centro de día