Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

O CONCELLO PRESENTA O VENRES O NÚMERO 18 DA REVISTA “DENEDA”

Neda, 16 de Xaneiro de 2019.- A Casa da Cultura de Neda acollerá este venres, día 18, a presentación da revista “deNEDA”. Trátase do anuario cultural do municipio que, editado polo Concello, chega con este último número a un total de 18 publicacións.

acto dará comezo ás 20.30 horas e no mesmo tomarán parte o catedrático e exdecano da Facultade de Humanidades do Campus de Ferrol, José Luis Tasset Carmona; o alcalde, Ángel Alvariño Saavedra; a concelleira de Cultura, Cristina Bouza Bellón, e o director da publicación, Manuel Grueiro.

Desde o goberno municipal invítase á veciñanza a secundar coa súa asistencia unha iniciativa municipal que sirve para coñecer tanto a historia local como os seus personaxes máis relevantes da man de colaboradores como Vicente Araguas, Fernando Cendán, Ánxel Rial, Elisa Vázquez de Gey, Sara Sequeiro e Manuela Santalla.

Na revista que se presenta o venres están recollidos, entre outros, artigos sobre a revolta popular do ano 1918, as lendas de Neda, a cerámica de Manuel Laso, as historias do Hispano-Argentino e as biografías do médico Malde Lapique e as de Manuel Rodeiro e Andrés Perille, dous nedenses de deixaron a súa impronta no municipio. O primeiro porque estivo exiliado en Moscú e o segundo por inventor e empresario de “mil negocios”.

O acto concluirá coa actuación do grupo “Encrucillada”.