Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

O CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS IMPARTIRASE MAÑÁ VENRES A ALUMNOS DO CEIP MACIÑEIRA DE NEDA

Neda, 22 de Novembro de 2018.- Un grupo de 28 escolares do CEIP Maciñeira de Neda tomará parte mañá venres (día 23) no curso de Primeiros Auxilios organizado polo Concello e que será impartido pola Asociación de Buceo Medioambiental Los Delfines. A actividade desenvolverase en horario escolar, de dez a doce do mediodía. O programa vai dirixido a estudantes de 3º e 6º de Primaria e ten como obxectivo instruír aos nenos e nenas para que saiban actuar en casos de emerxencia. Mostrarlles o funcionamento dun desfibrilador e como facer uso dun moneco de reanimación (RCP) tamén forma parte dos contidos prácticos aos que terán acceso os participantes. O curso xa se levou a cabo no colexio San Isidro e en próximas datas darase tamén no IES Fernando Esquío.