Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

O GOBERNO LOCAL PIDE O NOMEAMENTO DUN FUNCIONARIO INTERINO PARA O XULGADO DE PAZ

Neda, 26 de marzo de 2019.- A Xunta de Goberno de Neda aprobou adherirse á reclamación de Alternativas na Xustiza-Cup, que pide o nomeamento dun funcionario interino para evitar un posible peche temporal do Xulgado de Paz de Neda. Desde o pasado 1 de febreiro, o cadro de persoal do Xulgado quedou reducido á metade tras a marcha dunha das dúas funcionarias para cubrir unha xubilación no servizo de notificacións e embargos de Ferrol. O goberno municipal apoia ao sindicato tanto no que se refire as súas consideracións como nas súas esixencias, por entender que se trata “dunha ausencia de longa duración” e porque existe a necesidade de cubrir “de maneira inmediata” a vacante para evitar o peche do servizo durante as ausencias xustificadas da súa única traballadora. E é que existen precedentes con respecto a esta última cuestión. Non hai moito o Xulgado de Paz de Neda estivo máis de dous meses inoperativo palas baixas laborales das dúas funcionarias, unha situación que podería volverse a producir nos días de vacacións ou de asuntos propios da traballadora aínda vinculada ao servizo de Neda.
Alternativas na Xustiza-Cup solicita, e así tamén o vén de facer Xunta de Goberno, que “de xeito inmediato se oferte a substitución na oferta a interinos e interinas da praza do corpo de Auxilio Xudicial do Xulgado de Paz de Neda”. O executivo local tamén está a apoiar as movilizacións que se fan contra a privatización dos rexistros civís.