Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

O LONGAMETRAXE “O DESAFÍO DO SIL” PROXECTARASE ESTE VENRES NA CASA DA CULTURA DE NEDA

Neda, 11 de Decembro de 2018.- Coa proxección o venres (día 14) da longametraxe “O Desafío do Sil,” da que é autor Domingo Díaz Docampo, comeza este venres a programación de Nadal organizada polo Concello de Neda coa idea de ofrecer posibilidades de ocio ás familias, así como manter vivas as tradicións. O documental pasarase ás 20.30 horas na Casa da Cultura e a entrada é de balde. O Concello invita á veciñanza a coñecer un traballo recentemente presentado no Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) e que o pasado día 16 de novembro tamén se deu a coñecer no festival Cineuropa, obtendo unha gran acollida por parte do público. O seu autor confesou que “un dos grandes atractivos do documental é poder ver esas filmacións nunca antes vistas, algo ao que nos achegamos con todo o respecto e admiración do mundo”. “O desafío do Sil” recolle o esforzo profesional e humano que significou a construción dos Saltos do Sil. Díaz Docampo é produtor de longametraxes de animación. “O bosque animado”, “O sono dunha noite de San Xoán” e “Espiritu do bosques”, están entre os seus traballos máis coñecidos. O autor do “Desafio do Sil” estivo varias veces nominado aos premios Goya e foi premio de deseño 1998 “Trofeo Laus” por “Bicho”. Ade