Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

O PLENO APROBOU O POS+2019, QUE DEIXARÁ MÁIS DE 184.000 EUROS EN NOVOS AGLOMERADOS

Neda, 26 de Novembro de 2018.- O pleno da corporación municipal vén de aprobar o POS+2019, que dará lugar á realización de obras de agomerado en catro novas vías de comunicación e que supón un investimento superior aos 184.000 euros no seu conxunto. A aportación municipal é de 20.790 euros. Os proxectos, para os que o Concello xa ten as autorizacións de Patrimonio, Estradas e Augas da Xunta de Galicia, son pavimentacións en Coto e baixadas ao paseo marítimo (30.000 euros), así como en Transmonte (58.000 euros), na zona entre os ríos Besteiro e Belelle (35.000 euros) e na subida Fontevella-Edradas-Gandarela, orzamentada esta última en algo máis de 61.000 euros. O executivo municipal considera probable que estas novas intervencións en materia de infraestruturas estean en proceso de licitación nos meses de febreiro ou marzo e destaca a importancia de contar co permiso da administración autonómica para axilizar a realización dos proxectos.

O pleno celebrado hoxe tamén sirviu para aprobar unha declaración institucional en apoio aos traballadores do PAC de Narón e as mocións presentadas polo BNG demandando unha solución ao anunciado peche de Alcoa e sobre o sector eléctrico, así como a iniciativa de Moveneda solicitando o apoio do pleno a Xesús López Pintos e rexeitando a aplicación da chamada “lei mordaza”.