Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

O PROGRAMA “CONCILIAMOS XOGANDO” DE NEDA OFERTA UN TOTAL DE 75 PRAZAS PARA O MES DE XULLO

Aberto o prazo de inscrición, que rematará o día 15 de xuño

Neda, 31 de Maio de 2018. O Concello de Neda vén de abrir o prazo de inscrición para a participación de nenos de entre 3 e 12 anos no programa Conciliamos Xogando 2018, co que o goberno municipal pretende favorecer a harmonización da vida persoal, familiar e laboral das familias locais.

Esta mesma semana a Xunta de Goberno contrataba á empresa Gazapos -foron cinco as interesadas- para levar a cabo unha iniciativa que estará operativa entre o luns 2 de xullo e o martes 31 do mesmo mes (salvo o mércores 25 por ser festivo) no CEIP San Isidro, en horario de 8.45 a 13.45 horas.

O número de prazas ofertadas é de 75 e cubriranse seguindo un rigoroso orden de inscrición. Familias en situación de emerxencia social, monoparentais, nais e pais traballadores e con persoas dependentes a cargo serán algúns dos criterios que se valorarán no caso de que a demanda sexa maior que a oferta. Toda a documentación xa está dispoñible no rexistro xeral do Concello, onde ata o día 15 de xuño tamén terá que se entregar a ficha de inscrición. “Todas as familias de Neda poderán optar ao servizo”, tal e como se vén reiterando desde a Concellería de Servizos Sociais.