Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

O TEATRO CALAVERA REPRESENTA MAÑÁ A OBRA “O COCIÑEIRO ANTÓN E A PASTELERIA TOMASA” EN NEDA

Neda, 8 de Outubro de 2018.- A Casa da Cultura volverá a abrir mañá as súas portas ao teatro coa representación da obra “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” a cargo do grupo Teatro Calavera. Trátase da segunda cita do programa autonómico de dinamización á lectura “Ler conta moito” que, nesta ocasión, estará dirixida ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Infantil dos CEIPs Maciñeira e San Isidro.
A representación dará comezo ás 11.30 horas e contará a historia de amor, romántica, entre un cociñeiro e unha pasteleira chamada Tomasa.