Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

OS ORZAMENTOS, O BANCO DE ANCOS E A PLANTACIÓN DE ÁRBORES POR PARTE DE ESCOLARES SON ALGÚNS DOS TEMAS RECOLLIDOS EN “NEDA NO CAMIÑO”

Neda, 14 de Maio de 2018. O boletín “Neda no Camiño” chega ao número sete cunha publicación chea de boas noticias para a veciñanza. Entre elas cabe destacar a aprobación dos orzamentos deste ano, por un importe superior ós 4,6 millóns de euros; a participación dun grupo de escolares na repoboación do monte de Ancos e a inauguración dun banco desde o que os visitantes terán unha panorámica moi ampla da ría de Ferrol.
Ademais, nesta publicación de oito páxinas tamén hai un oco para o movemento social local, nesta ocasión da man das entidades A Canteira e Escola de Tempo Libre Néboa, cuxos responsables detallan polo miúdo os logros xa acadados e os proxectos que aínda están por vir.
As novidades municipais tamén pasan pola entrada en servizo das restricións do tráfico de acceso á Fervenza, a incorporación de Neda ao certame de Festur, as xornadas literarias dedicadas a Marguerite Yourcenar, e a organización dunha marcha a pé a Santiago en cinco etapas pola ruta inglesa, ademais dunha axenda cultural repleta de actos con motivo do Día das Letras Galegas. Da publicación distribuiranse máis de 2.000 exemplares.