Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

OS VECIÑOS DE NEDA PODEN SEGUIR NA WEB O AVANCE DAS OBRAS DE DESBROCE EN CAMIÑOS DO RURAL

Unhas liñas marcan a evolución dos traballos
Neda, 29 de Maio de 2018. O Concello de Neda vén de habilitar un novo servizo dentro da páxina web (www.neda.es) para que a veciñanza poida seguir os avances das obras de desbroce que desde hai uns días se están a levar a cabo en camiños da zona rural, unha operación que se acometerá nun total de 64 quilómetros do termo municipal.
As persoas que desexen facer un seguimento destes traballos só teñen que ir ao apartado de Servizos Municipais e, a continuación, á pestana de Medio Rural para atoparse cun mapa no que as liñas vermellas sinalan as tarefas pendentes e as de cor verde as xa executadas.
Este plan de mantemento das vías públicas está en marcha desde hai só unha semana e consiste na limpeza de cunetas e ribazos. Os traballos estarán rematados a mediados do mes de xullo e son executados por un total de tres operarios, máis un tractor.