Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

“PÉREZ: O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS” PECHA ESTE MÉRCORES O PROGRAMA “VISIÓNS” EN NEDA

Neda, 6 de Agosto de 2018.- O programa de cinema “Visións” da Deputación da Coruña despídese esta semana de Neda coa proxección do filme “Pérez: o ratiño dos teus soños” no polideportivo do Roxal. Será este mércores, a partir das 22.00 horas. O programa, co que a institución provincial quere promocionar a sétima arte aproveitando as noites de verán, arrincou o pasado día 4 de xullo coa exhibición da película “La La Land. La ciudad de las estrellas” na zona do paseo marítimo, para continuar o día 18 dese mesmo mes con o título “P3K: Pinocho 3000”. Neste último caso, a rúa Real foi a sala de proxección.Maciñeira e San Isidro do concello de Neda o martes día 24 de abril.