Radius: Off
Radius:
km Raio de xeolocalización
Atopar

PENSION RESIDENCIA ** MARAGOTO

AVDA. DO XUBIA, 12

15510 NEDA

A CORUÑA

TLF: 981 347 538 | 658 488 074

EMAIL: pensionmaragoto@gmail.com

WEB: https://sites.google.com/site/pensionmaragoto/

A 200 metros do albergue de peregrinos e á beira dos paseos marítimos de Narón e Neda.

Habitacións con TV

Zona WIFI gratis

Calefacción central

Bar-Cafetería

Comida caseira

Especialidade en sepias na súa tinta e polbo “á feira”

Ofertas e descontos na web.

 

 

PAZO DA MERCED

Pazo da Merced s/n

Ría de Ferrol

15510 Neda

A Coruña.

TLF: 981 38 22 00

EMAIL: reservas@pazodamerced.com

WEB: www.pazodamerced.com

Conta unha vella lenda popular que o Pazo se atopa unido por un pasadizo submarino co Mosteiro de San Martiño de Xubia, aloxado alén da ría.

A beiras da Ría de Ferrol, rodeado de natureza, levántase o edificio do s.XVI cunha coidada restauración e unha perfecta mestura entre o moderno e o antigo.

Na fachada fronte ao mar localízase a zona de aloxamento. O hotel dispón dun total de 8 confortables habitacións. Zonas comúns de interior e exterior, destacando o salón-biblioteca con cheminea e unha agradable piscina rodeada de pedra e xardíns. No verán dispoñemos dun agradable bar con terraza a pé de Ría.

Todas as habitacións contan con vistas á Ría e están equipadas con cuarto de baño completo, calefacción, TV, mini-bar, secador, e un variado set de amenities. Inclúese coa reserva o servizo de almorzo buffet de tipo continental.

As habitacións especiais son de gran tamaño e destacan por contar con algunha singularidade, como balcón, vistas panorámicas ou sala de estar a parte do dormitorio. O Pazo dispón de parking exterior privado e conexión

Wi-Fi gratuíta.

HISTORIA

Da industria á hospedaxe

A finais da década de 1700 chega de Matute (Logroño) D. Francisco Antonio Somalo, un activo comerciante rioxano disposto a fundar unha tenería no lugar da Florida, entre o Camiño Real e o mar de Xubia. Nestas propiedades, cuxas construcións máis antigas poden datarse no século XVI e das que se conserva unha pequena capela de estilo barroco dedicada á Virxe da Mercé, edifícanse unhas instalacións que seguindo o estilo dos centros fabrís dieciochescos, responden a un deseño que se move entre unha casa señorial e un recinto industrial. Fúndase así a Fábrica de Curtidos da Florida.

Tras a Guerra da Independencia, Damiana Somalo, filla do fundador, casa en 1812 con Juan Adam Pensel, oriúndo de Baviera e técnico mineralista no Departamento de Mariña de Ferrol. Falecido o Sr. Pensel sen descendencia, faise cargo da dirección do establecemento D. Tomás Cebreyro, cuxa propiedade é reclamada ante o Rey por dous fillos que tivera o sacerdote irmán do fundador, quen lla concede.

Falecidos os fillos do párroco de Neda, a propiedade volve á rama familiar de D. Francisco e do mesmo xeito que o resto das industrias da comarca entra en crise cara a 1870 e a súa entón propietario, D. Francisco Cebreiro Seoane, como tantos outros galegos, emigra a Cuba, de onde retorna en 1898 para vivir baixo a gobernación de Dna. María Barros das rendas que lle deixan as amplas propiedades do chamado Pazo da Mercé, que se estenden por toda a ribeira de Neda, desde Perlío ata Jubia.

Mediado o século XIX o pazo funciona como Convento Franciscano e cara a 1925 pasa a mans do popular médico D. Francisco Cebreiro Barros, D. Paco o da Mercé.

En maio de 1978 o arquitecto cidade-realeño D. Alfredo Alcalá Navarro adquiriu e restaurou o deteriorado edificio para convertelo, en 1991, na primeira Casa de Turismo Rural da provincia da Coruña.