Radius: Off
Radius:
km Raio de xeolocalización
Atopar

RUTA DOS MUÍÑOS DE NEDA.

Distancia: 9 km ida e volta. (Itinerario longo)

Tempo: 3 hs., ida e volta. aprox.

Lineal (mesmo itinerario ida e volta).

Dificultade: fácil. Totalmente chan, sombreado.

Saída: Igrexa de Santa María de Neda.

Percorrido longo, fin e volta: fervenza do río Belelle.

Percorrido curto: fin e volta muíños do Roxal.

Inicio: adro da igrexa de Santa María.

Do outro lado do río está o primeiro dos muíños, o de Os Parrandos.

Crúzase a estrada, deixando o río á nosa dereita, tomando o camiño ancho paralelo ao río. Aparece o cartel de inicio. Déixase o camiño ancho, que se vai pola esquerda. Séguese paralelo ao curso do río, por unha senda peonil. Ao outro lado está o grande muíño do Cubo. Á esquerda da senda, o muíño do Foxo e o do Tinguilado. Este paseo fluvial ten uns 700 metros. Pásase por dous muíños máis. Ao final, o paseo torce á esquerda e sae ao asfalto, que hai que coller á dereita. Deixamos un primeiro cruce, seguindo recto. Á nosa dereita vemos o muíño de Jenaro, de Balbina ou do Carballo, que todos eses nomes ten, como é usual, ao pasar de man en man de varios propietarios.

No primeiro camiño á dereita, asfaltado, collemos por el. Chegamos á Ponte Nova, que non cruzamos, senon que collemos unha baixada á esquerda, cara ao río. Pola beira chegamos a unhas casas, sempre co río á dereita. Hai unha zona de pedras e algún desnivel, que hai que pasar con cuidado. Do outro lado do curso está o muíño do Carrizo. Seguimos pegados ao río, ata atopar unha senda que colle á esquerda, ata desembocar nun camiño ancho, que collemos á dereita. Pasamos o muíño de Carregado. Seguimos ata antes da ponte do muíño do Bigotes, sen cruzalo, tomando a senda á esquerda do mesmo, sempre co río á dereita. Chegamos á área recreativa de Maciñeira.

Séguese pola mesma beira, pasando polas ruínas do Machuco de Balbina, polos restos de outro muíño, ata O Roxal, onde á esquerda vemos un muíño restaurado coma vivenda, e de fronte o grande muíño das Bombas, que foi fábrica de papel. Cruzamos a ponte e imos á esquerda, pola outra beira. Chegamos á seguinte ponte, cruzamos e estamos fronte a dous muíños, un pequeno, restaurado, e outro grande, en ruínas, coñecido como o de Luis de Canido.

Aqui finaliza o percorrido curto. Quen queira seguir, sae á estrada, onde está a tenda-bar e hai un cartel que sinala dirección á Fervenza. Pásase, nese sentido, polo Pazo de Isabel II, antiga fábrica téxtil. Logo dun treito pasamos polo muíño do Neno ou Taxonera, reconstruído coma vivenda. Logo está o muíño de Barcia, centro micolóxico. Máis adiante hai dúas ruínas de muíños e por fin chegamos ao portal da minicentral do Belelle. Entramos, cruzamos á ponte e imos río arriba uns 500 metros ata a Fervenza. Fin e volta.