Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

ROSA CEDRÓN E EMILIO RÚA ACTUARÁN ESTE SÁBADO NA CASA DA CULTURA DE NEDA

Neda, 13 de Decembro de 2018.- A de Cultura de Neda acollerá o sábado día 15, ás 20.30 horas, un concerto acústico a cargo de Rosa Cedrón e Emilio Rúa. “Cantos do Nadal” é o nome co que se está a difundir esta actividade incluída na Rede de Dinamización Lingüística.

A retirada de invitacións poderase levar a cabo desde mañá venres ata momentos antes da actuación ou ata completar afroro. Rosa Cedrón é unha cantante galega e intérprete de violonchelo, coñecida por ser, durante nove anos, a voz do grupo Luar na Lubre, ademais de colaboradora en discos de músicos como Mike Oldfield.

Pola súa banda, Emilio Rúa, cantautor e músico ourensán, vén de presentar hai pouco o seu último traballo discográfico, que se chama Duetos e para o que contou coa colaboración de Víctor Manuel, Pablo Milanés, Rozalén, Soledad Giménez, Luis Pastor e Dolo Beltrán, entre outros grandes nomes da música.